TIROLINA DAS MINAS · A PONTENOVA (LUGO)

Rutas en bici

Vía Verde do Eo, a través de túneles e un bosque de ribeira.

24 km ida e volta3 horas de ruta aprox.Alugueiro por media xornada
Reserva xa →

Aluga unha bicicleta e descubre a Vía Verde do Eo, unha fermosa ruta que discorre paralela ao río, seguindo o trazado do antigo ferrocarril mineiro que unía as minas de ferro de Vilaoudriz (A Pontenova) con Ribadeo. Hoxe o percorrido chega ata San Tirso de Abres desde a Praza dos Fornos, tras pasar por oito marabillosos túneles ferroviarios escavados na rocha.

En total percorrerás 24 quilómetros, ida e volta. A actividade non é guiada.

A ruta completa adoita facerse nunhas 3 horas. Porén, as bicicletas alúganse por medias xornadas de 4–5 horas, o que permite parar a xantar ou merendar tranquilamente durante o percorrido.

Horarios de recollida

As bicicletas pódense recoller de martes a domingo, entre as 10:00 e as 20:00 h. Ao reservar, selecciona a quenda de mañá (10:00 h) ou de tarde (16:00 h). Se precisas recollelas a outra hora ou cres que non chegarás á hora elixida, chámanos para confirmar e concretar a reserva.

Localización

O punto de recollida está no noso local de Tirolina das Minas, xusto diante do Concello da Pontenova.

Praza do Concello, s/n
27720 A Pontenova, Lugo

Se necesitas acordar unha hora de recollida diferente, podes facer a reserva e chamarnos ao 633 248 835.

Que cómpre ter en conta

  • Dispoñemos de bicicletas de todos os tamaños.
  • O alugueiro inclúe bicicleta, casco e luces para os túneles.
  • Ofrecemos servizo de atención en caso de avaría ou picada, segundo as condicións do alugueiro.
  • Trae auga e roupa cómoda para andar en bicicleta.
  • É boa idea levar comida e facer un picnic durante a ruta. En San Tirso de Abres atoparás bares e restaurantes: consulta onde comer en San Tirso de Abres. Tamén podes consultar as opcións na Pontenova. Recomendámosche reservar con antelación.