Como reservar a tirolina?
Tes tres opcións: reservar só o descenso ou combinalo coas experiencias «Fornos» ou «Fornos Plus». A tirolina só é apta para persoas que pesen entre 45 e 110 kg. Consulta as opcións e escolle a que mellor se adapte á túa visita.
Por libre ou cun pack?
A nosa tirolina ten moita historia e non está aquí por casualidade: segue o trazado dunha ruta de sendeirismo e recrea o antigo tranvía aéreo mineiro. Por iso deseñamos packs que permiten coñecer e gozar de todo o contexto. Se visitas A Pontenova, recomendámosche descubrir a historia das minas de ferro, entrar na espectacular Mina Consuelo e rematar a experiencia coa tirolina.
Os packs son especialmente recomendables se vés con nenas, nenos ou persoas que non se vaian lanzar. Quen non descenda continuará a actividade a pé co guía ata reencontrarse co resto do grupo. Ademais, as crianzas que non cheguen aos 45 kg teñen incluído un circuíto de tirolinas infantís entre as árbores co Pack Fornos.
Se só che apetece unha descarga de adrenalina e contratas o descenso por separado, lembra que o acceso é a pé. Podes deixar o coche no centro da vila e seguir as indicacións desde a Praza dos Fornos (ruta laranxa do plano). O camiño dura uns 10–15 minutos. Outra opción é conducir ata o aparcadoiro situado debaixo do cable da tirolina (ruta violeta) e subir a pé uns 10 minutos (ruta verde).
Recomendámosche pasar antes polo noso local, situado xusto diante do Concello, para recibir indicacións.
↓ Descargar o plano de acceso (PDF)Pode acompañarme ata a saída alguén que non se vaia lanzar?
Si, pero ten en conta que a tirolina conecta as ladeiras de dúas montañas. Se alguén te acompaña ata a saída pero non se lanza, terá que camiñar uns 20 minutos para que vos poidades reencontrar ao outro lado.
Localización e acceso
A tirolina está situada entre dúas montañas e só se pode acceder a pé. Se contratas un pack, sairemos camiñando xuntos desde o centro de recepción de visitantes, fronte ao Concello da Pontenova.
Se contratache só o descenso, deixa o coche no centro da vila e segue os sinais desde o parque infantil da Praza dos Fornos: tardarás uns 15 minutos a pé (ruta laranxa). Tamén podes aparcar debaixo do cable da tirolina (ruta violeta) e subir camiñando uns 10 minutos (ruta verde).
Recomendámosche pasar primeiro polo noso local, xusto diante do Concello, para darche todas as indicacións.
Detalles da actividade
Importante: só poden realizar o descenso as persoas que pesen aproximadamente entre 45 e 110 kg. Actividade non indicada para facer con mascotas.
O prezo inclúe
- Equipo de seguridade completo para o descenso (casco, arnés e polea).
- Seguro de accidentes.
- Monitores especializados.
Que cómpre ter en conta
- Trae roupa e calzado cómodos para camiñar polo monte.
- Recolle o pelo antes de descender pola tirolina.
- Garda os obxectos persoais en petos con cremalleira ou en mochilas pequenas.
- Non se recomenda levar mochilas con demasiado peso.

