TIROLINA DAS MINAS · A PONTENOVA (LUGO)

Pack Fornos

Unha experiencia que combina historia, natureza e aventura. Para toda a familia!

Duración aproximada: 2,5 horasGrupos de máximo 30 persoas
Fai unha reserva →

Esta experiencia guiada inclúe acceso á única galería mineira aberta ao público en Galicia e descenso en tirolina. A actividade comeza no centro da vila, xunto aos seus cinco emblemáticos fornos de calcinación. Despois comeza unha ruta de sendeirismo cara ás antigas minas de ferro en proceso de naturalización.

A entrada na mina faise con casco e luz frontal. Explícanse e obsérvanse os variados espeleotemas. Quen o desexe pode aforrar parte da ruta lanzándose pola maior tirolina de Galicia, que se eleva sobre o río Turía e conecta as ladeiras entre dúas montañas. Ao final da ruta, as nenas e os nenos tamén poden gozar dun bosque infantil con minitirolinas entre as árbores.

Consulta aquí as valoracións das persoas que reservaron esta experiencia.

Resumo en vídeo

Horarios

  • Tempada baixa: domingos ás 11:30 h. Consulta o calendario de reservas para festivos e pontes.
  • Tempada alta: de martes a domingo.

Localización

O punto de encontro é o local de Tirolina das Minas, situado xusto diante do Concello da Pontenova (Praza do Concello, s/n).

Chega entre 10 e 15 minutos antes do inicio para recoller os equipos.

Detalles da actividade

  • Actividade indicada para familias con nenas e nenos.
  • Require unha condición física básica para percorrer a pé unha ruta de montaña duns 4 km.
  • Duración aproximada: dúas horas e media.

O prezo inclúe

  • Visita guiada e entrada á Mina Consuelo.
  • Descenso en tirolina.
  • Casco con luz frontal e equipo de descenso (arnés e polea).
  • Pase gratuíto para as tirolinas infantís.
  • Seguro de accidentes.

Que cómpre levar

  • Calzado cómodo para camiñar polo monte.
  • Roupa de abrigo lixeira mesmo no verán: a temperatura interior rolda os 11 ºC.
  • Chega 10–15 minutos antes para recoller o equipo.

Pódese facer a actividade cun bebé?

As crianzas menores de 3 anos poden facer a actividade de balde acompañando unha persoa adulta, sempre que poidan levar un casco de protección para acceder á mina. Recoméndase unha mochila portabebés. Só se admite unha crianza menor de 3 anos por persoa adulta. Non é necesario reservar praza, pero si comunicalo por correo electrónico ou no punto de encontro. A persoa adulta que leve o bebé non poderá descender pola tirolina. Lembra que a mina é fresca mesmo no verán.

Podo levar o meu can?

Podes traer o teu can ou mascota, pero o interior da mina é un contorno moi sensible e só se permite o acceso de mascotas cuxo tamaño permita levalas no colo. A persoa que veña coa mascota non poderá descender pola tirolina, agás que outra persoa do grupo se ofreza a levala camiñando. Nos traxectos a pé, a mascota debe ir con correa e non pode molestar o resto do grupo.