XESTECO · ADMINISTRACIÓNS E ENTIDADES

Un servizo integral para transformar necesidades públicas en proxectos executables.

A experiencia de Xesteco reúne enxeñaría, consultoría ambiental e territorial, patrimonio, desenvolvemento rural, participación e financiamento. Ver proxectos →

01

Enxeñaría e obras

Redacción e acompañamento técnico para instalacións deportivas e de turismo activo, pontes, prazas e parques, abastecemento e saneamento de augas, naves, garaxes e construcións singulares.

Experiencia relacionada: proxectos de abastecemento e saneamento para 11 municipios galegos e acondicionamento da Vía Verde do Eo en San Tirso de Abres.
02

Desenvolvemento rural e turismo

Plans e proxectos de sustentabilidade turística, xestión de espazos naturais e estratexias de participación e gobernanza.

Experiencia relacionada: NÓ RURAL, Erasmus+ Oscos-Eo, gobernanza da Ría de Betanzos e valorización de recursos do territorio.
03

Consultoría ambiental

Plans de mitigación e adaptación ao cambio climático, estudos de impacto ambiental, auditorías enerxéticas e proxectos en espazos protexidos.

Experiencia relacionada: Rede Natura 2000, PACES de Santiago de Compostela e proxectos de recuperación de biodiversidade.
04

Topografía e xestión da propiedade

Medición de fincas, deslindes e levantamentos, taxacións, regularizacións catastrais, sucesións, cambios de titularidade e asesoramento técnico e legal.

Unha liña de traballo especialmente vinculada á realidade da propiedade rural e á clarificación de situacións complexas.
05

Proxectos culturais

Creación de contidos, arquivos fotográficos e audiovisuais, edición de publicacións, inventarios de patrimonio material e inmaterial e proxectos de innovación social.

Experiencia relacionada: catálogo audiovisual dos talleres de coitelaría de Taramundi e proxectos de valorización cultural.
06

Axudas e subvencións

Identificación de oportunidades, preparación de memorias e proxectos técnicos, solicitude, xestión e xustificación de axudas europeas, estatais e autonómicas.

A experiencia inclúe convocatorias de Rede Natura 2000, Axenda 2030 e fondos vinculados ao desenvolvemento rural, turismo e patrimonio.
07

Participación, innovación e comunicación

Integramos procesos participativos, innovación territorial e estratexias de comunicación cando son necesarios para que un proxecto funcione e teña percorrido.

É unha das diferenzas de Xesteco fronte a unha enxeñaría convencional: saber facer o proxecto e saber contalo.
CICLO COMPLETO

Unha mesma dirección durante todo o proxecto.

01Oportunidade e diagnóstico
02Estratexia e proxecto
03Financiamento e tramitación
04Execución e xustificación