RECURSO DO TERRITORIO · A PONTENOVA
Premio AGADER · 2023Mellor iniciativa de desenvolvemento rural de Galicia

Tirolina das Minas

Natureza, historia e aventura no complexo histórico-recreativo das Minas Consuelo e Boulloso.

EXPERIENCIAS

Unha antiga infraestrutura mineira convertida nunha experiencia de territorio.

Xesteco xestiona as actividades do Complexo histórico-recreativo das Minas Consuelo e Boulloso, en A Pontenova. A instalación da tirolina recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que transportaba mineral entre as minas.

A tirolina ten máis de 300 metros de lonxitude e acada ata 80 metros de altura sobre o chan. Tamén se pode coñecer o conxunto mediante experiencias guiadas que conectan mina, paisaxe, historia e aventura.

Pack Fornos →Visita guiada á mina e descenso en tirolina. Aproximadamente 2,5 horas e pensada tamén para familias.
Descenso en tirolina →Descenso independente pola maior tirolina de Galicia, a máis de 80 metros sobre o chan.
Pack Fornos Plus →Dous niveis da Mina Consuelo, visita guiada e tirolina. Aproximadamente 3 horas.
Alugueiro de bicis →Alugueiro de bicicletas para percorrer a Vía Verde do Eo
INFORMACIÓN PRÁCTICA

Antes de vir

  • A actividade de tirolina está indicada para persoas de aproximadamente 45 a 110 kg.
  • O acceso é a pé; desde o centro da vila tardas aproximadamente entre 10 e 15 minutos, segundo o itinerario.
  • Para as experiencias na mina recoméndase calzado cómodo e roupa de abrigo lixeira: a temperatura interior ronda os 11 ºC.
  • A tempada habitual de actividades vai de marzo a novembro; os horarios e a dispoñibilidade deben consultarse para cada experiencia.
PUNTO DE ENCONTRO

O noso local na Pontenova

O punto de encontro e a recepción das experiencias teñen lugar no noso local, situado xusto diante do Concello da Pontenova (Praza do Concello, s/n).

Praza do Concello, s/n27720 A Pontenova (Lugo)
Información por WhatsApp633 248 835
Tamén por correo electrónicoreservas@tirolinadasminas.com
Como chegar · Google Maps →