Métete nas profundidades da Mina Consuelo e descende ata a galería -1 para experimentar as sensacións dos antigos mineiros. Unha experiencia emocionante que tamén inclúe a tirolina e un paseo guiado pola historia da Pontenova.
Non se precisan coñecementos previos de espeleoloxía, pero si unha condición física mínima. Consulta aquí as opinións das persoas que reservaron esta experiencia.
Como sei se esta actividade é para min?
Se podes facer unha ruta de sendeirismo de dificultade media, podes realizar a actividade. O pozo que conecta os niveis 0 e -1 é algo estreito e terás que agachar a cabeza, pero en ningún caso hai que arrastrarse. En xeral, a mina é ampla e non produce sensación de claustrofobia. Non recomendamos esta actividade a persoas que teñan dificultades para facer forza cos brazos ou coas pernas.
O prezo é único aínda que non se faga o salto en tirolina. Quen non a utilice continuará a actividade acompañado polo/a guía. Podes decidir se lanzarte ao chegar; non tes que decidilo con antelación. A experiencia resulta satisfactoria tanto se se utiliza a tirolina xigante como se non.
Só poderán utilizar a tirolina as persoas cuxo peso estea comprendido entre 45 e 110 kg.
Este pack non inclúe o circuíto de tirolinas infantís entre as árbores. Se vés con nenos pequenos, recomendámosche escoller o Pack Fornos.
Horarios
- Tempada baixa: domingos ás 10:30 h. Consulta a dispoñibilidade para festivos e pontes no calendario de reservas.
- Tempada alta: de martes a domingo.
Localización
O punto de encontro é o local de Tirolina das Minas, situado xusto diante do Concello da Pontenova (Praza do Concello, s/n).
Chega entre 10 e 15 minutos antes do inicio para recoller os equipos.
Detalles da actividade
- Por motivos de seguridade e loxística, non está indicada para menores de 12 anos.
- Require un mínimo de axilidade e condición física.
- Dentro da mina é importante respectar os sendeiros sinalizados para non danar os espeleotemas.
- No interior caen pingas de auga e a roupa e o calzado poden mancharse de barro.
- Actividade non indicada para facer con mascotas.
O prezo inclúe
- Visita guiada.
- Entrada a dous niveis da Mina Consuelo.
- Descenso en tirolina.
- Casco con luz frontal e equipo de descenso (arnés e polea).
- Seguro de accidentes.
Que cómpre levar
- Roupa e calzado axeitados para camiñar polo monte e que non importe manchar de barro. Recomendamos botas de montaña impermeables.
- A temperatura interior da mina rolda os 11 ºC; leva roupa de abrigo lixeira mesmo no verán.
- Non é imprescindible levar luvas, pero son recomendables, preferiblemente de traballo, porque durante o descenso hai que agarrarse a un pasamáns metálico que pode estar húmido ou manchado de barro. Tamén se venden luvas no noso local.

