Coñecemento técnico para converter as necesidades do territorio en proxectos.
Traballamos para Administracións públicas, entidades, empresas e particulares combinando enxeñaría, territorio, medio ambiente, patrimonio, financiamento e comunicación.
Unha mirada integral, adaptada a cada necesidade.
A experiencia de Xesteco combina a mirada técnica coa ambiental e social. Nos proxectos públicos podemos acompañar todo o ciclo, desde a oportunidade e a estratexia ata a execución e xustificación; para particulares, resolvemos cuestións concretas de propiedade, medición e construción rural.
Do diagnóstico á execución.
Un servizo integral para proxectos públicos e territoriais, con capacidade para conectar planificación, enxeñaría, medio ambiente, patrimonio, participación e financiamento.
Solucións técnicas para propiedades rurais.
Medición, propiedade, regularización, valoración e proxectos para construcións rurais, con acompañamento técnico e legal.
