XESTECO · Proxecto

Asistencia técnica para a mellora da gobernanza da ría de Betanzos

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos confiou a Xesteco a asistencia técnica do proxecto para a sustentabilidade dos recursos pesqueiros, ambientais e turísticos da ría.

O proxecto buscou mellorar a gobernanza da ría de Betanzos e definir os seus retos de futuro mediante a cooperación e a participación dos axentes implicados.

O traballo de Xesteco incluíu:

  • Estudar a situación socioecolóxica e legal da zona.
  • Identificar os axentes clave, as iniciativas en marcha, as entidades responsables e os resultados obtidos.
  • Organizar tres xornadas participativas para fomentar o diálogo e mellorar a gobernanza.
  • Elaborar conclusións e definir obxectivos de futuro.