XESTECO · Proxecto

Restauración do hábitat prioritario na marxe esquerda do río Eo · Rede Natura 2000

Marxe do río Eo obxecto do proxecto de restauración

O proxecto de restauración e mellora do hábitat prioritario na marxe esquerda do río Eo foi elaborado por Xesteco para o Concello da Pontenova. Obtivo a maior puntuación entre os proxectos presentados polos municipios galegos á convocatoria de axudas para actuacións en espazos da Rede Natura 2000.

A proposta abrangue sete parcelas xunto á estrada N-640: tres de titularidade municipal e catro da Unidade de Estradas do Estado. O deseño dá prioridade á recuperación natural do ecosistema e establece estes obxectivos:

  • Restaurar e conservar paisaxes, ecosistemas e hábitats protexidos, incluído o hábitat prioritario 91Y0*.
  • Conservar especies autóctonas ameazadas e manter os usos tradicionais compatibles coa conservación.
  • Mellorar e conectar os espazos verdes municipais e poñer en valor o patrimonio natural e a paisaxe.
  • Reforzar a adaptación fronte á seca e sensibilizar a poboación e as persoas visitantes.