XESTECO
Quen somos
Coñecemento do territorio para converter oportunidades en proxectos viables.
Xesteco naceu, tras anos de experiencia, para dar unha resposta eficaz ás necesidades de xestión das Administracións públicas, especialmente no ámbito local.
Somos unha empresa de enxeñería e consultoría especializada na posta en valor do patrimonio ambiental e cultural. Traballamos desde e polo mundo rural.
A nosa diferenza está tamén na experiencia directa: ademais de deseñar e acompañar proxectos, xestionamos recursos do territorio e deseñamos experiencias para poñer en valor os recursos do noso territorio.
